jueves, 16 de diciembre de 2010

GUÍA DIDÁCTICA CORREDORES DE SOMBRA

Esta é a guía que debedes seguir cando leades ou umha vez rematada a lectura de Corredores de Sombra.
Recordarvos que a xuntanza para poñer en común as lecturas, tanto como Corredores de Sombra como Areaquente, é a volta de Nadal o primeiro xoves pola tarde.
Se alguén non pode vir, debedes comunicarllo a Conha ou a Carmen. Entregades o cuestionario e listo.



lunes, 13 de diciembre de 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

ATENCIÓN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Ante a imposibilidade de realizar a xuntanza do CLUB DE LECTURA mañá, martes 14 de decembro, por causa dos exames, aprázase para a volta do NADAL.

Xoves 13 de XANEIRO 2011.

PD: Sen posibiblidade de retrasala máis.

LEDE O LIBRO NO NADAL.

BO NADAL!!!!!!!!!!!!!!

Concha e Carmen

miércoles, 1 de diciembre de 2010

BOA RESEÑA SOBRE CORREDORES DE SOMBRA.

Neste enlace podedes ler unha boa reseña sobre CORREDORES DE SOMBRA,de Agustín Fernández Paz.
Penso que o libro vaivos gustar,é misterioso, ten suspense, como vós decides "engancha" dende a primeira ata a última páxina.Cando rematedes deixade as vosas impresións no blog, na entrada do libro.
Mentras tanto entrade neste enlace.    
        
                                 CORREDORES DE SOMBRA


En próximos eventos tedes o día e a hora de reunión do club de lectura.




viernes, 26 de noviembre de 2010

CORREDORES DE SOMBRA

CORREdores de sombra de Agustín Fernández Paz, é o libro que o alumnado do 1º ciclo da ESO,ten como lectura para o primeiro trimestre.


O alumnado do 1º ciclo ten que baixar pola biblioteca devolver o libro de Areaquente, e levar  CORREDORES DE SOMBRA



AGUSTÍN FERNÁNDEZ  PAZ

PREME NO ENLACE PARA SABER MÁIS SOBRE O AUTOR

lunes, 25 de octubre de 2010

CLUB DE LECTURA

AREAQUENTE DE AN ALFAYA

A primeira das lecturas que imos ler é unha novela de An Alfaya  titulada Areaquente. A obra gañadora do premio Lueiro Rey de novela curta(2009), e gañadora do premio San Clemente, na modalidade de lingua galega,(2010), é a obra que temos de lectura para este primeiro trimestre.

Nos próximos días os faremos chegar os libros .
Recordade que a posta en común da obra, terémola o 9 de decembro, xoves en horario de tarde.
Para coñocer a autora e a súa traxectoria, cliqueade sobre a imaxe.





martes, 19 de octubre de 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA O CASTRO.   

MAÑÁ, mércores 20 de outubro, celébrase a primeira reunión do CLUB DE LECTURA
.
Estades convocados todos/as os inscritos no club. O lugar de reunión e a aula 002 (ao lado da cafetería )
A hora ,no recreo. Esta reunión a utilizaremos para nos coñecer, e perfilar algúns detelles.

Vémonos  Mañá!!!!11

DÍA        : MÉRCORES 20

LUGAR : AULA 002

HORA   : 11:30