lunes, 13 de marzo de 2023

CLUB DE LECTURA ADULTOS 2



Hoxe tivemos a  nosa segunda xuntanza  do Club de Lectura  de adultos  para pór en común o lectura  Virtudes e misterios de Xesús  Fraga.

Virtudes e misterios


Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que

protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e
que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma

Xesús Fraga

(Londres, 1971). Redactor da Voz de Galicia, adicase profesionalmente ao periodismo dende 1996. Como escritor en lingua galega cultivou tanto ol relato –A-Z– como a novela –Solimán– e a narración xuvenil –Reo–. Ha traducido ao gallego e a ol castelán libros de Julian Barnes, Vladimir Nabokov, Jack Kerouac, Anne Fine, Roald Dahl, Edith Nesbit, Sylvia Plath y Robert Macfarlane, entre outros.