sábado, 27 de mayo de 2023

CLUB NARRATIVA

 O pasado mércores tivemos a  reunión do terceiro trimestre  do club de  lectura  de  narrativa. Puxemos  en común  a  tres lecturas realizadas  e repartimos agasallos  aos participantes do club.





CLUB MANGA

 O pasado luns tivemos a  reunión do club de  lectura  manga . Os rapaces  puxeron  en común  as lecturas que  ao longo trimestre  fixeron  . Con  esta reunión damos  por  rematado o club manga  deste curso.













lunes, 15 de mayo de 2023

CLUB DE LECTURA ADULTOS 3





Hoxe tivemos a  xuntanza do Club de Lectura  de  adultos. Esta foi a  terceira e derradeira xuntanza do curso.
Nesta  ocasión a lectura  que compartimos foi Todo chega  desde  o mar do vigués Santiago Ferragud.
A  visita  do autor fixo moi interesante esta  xuntanza, Literatura  , poesía e música  uníronse para  despedir este  club de lectura  ata o próximo curso.
                                                           
                                           






                                            

                                               Todo chega  desde o ma


En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.
Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeneración e por vivencias, moi pronto lles unirá a paixón pola historia da cidade.

  Santiago Ferragud 

Santiago Alonso Ferragud, coñecido como Santiago Ferragud, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1949, é un músico e escritor galego.

Estudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.

En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.

En 2011 fundou Xardín desordenado na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.

Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela: na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.


                               Santiago Ferragud 

Santiago Alonso Ferragud, coñecido como Santiago Ferragud, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1949, é un músico e escritor galego.

Estudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.

En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.

En 2011 fundou Xardín desordenado na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.

Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela: na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.













lunes, 13 de marzo de 2023

CLUB DE LECTURA ADULTOS 2



Hoxe tivemos a  nosa segunda xuntanza  do Club de Lectura  de adultos  para pór en común o lectura  Virtudes e misterios de Xesús  Fraga.

Virtudes e misterios


Contar a emigración desde a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo Xesús Fraga ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que

protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e
que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma

Xesús Fraga

(Londres, 1971). Redactor da Voz de Galicia, adicase profesionalmente ao periodismo dende 1996. Como escritor en lingua galega cultivou tanto ol relato –A-Z– como a novela –Solimán– e a narración xuvenil –Reo–. Ha traducido ao gallego e a ol castelán libros de Julian Barnes, Vladimir Nabokov, Jack Kerouac, Anne Fine, Roald Dahl, Edith Nesbit, Sylvia Plath y Robert Macfarlane, entre outros.



lunes, 17 de octubre de 2022

INSCRIPCIÓN CLUB DE LECTURA





ABERTA  XA  A  INSCRIPCIÓN DO CLUB  DE  LECTURA 


INSCÍIBITE

CLUB  DE  LECTURA  NARRATIVA 
CLUB DE  LECTURA  MANGA
CLUB DE  LECTURA  DE INGLÉS

 

lunes, 1 de noviembre de 2021

Club de Lectura

 Na pasada semana tivemos as reunións dos dous clubs de lectura . O luns na hora de xantar repartíronse os os libros do Club Manga . Todos os mércores na hora do recreo na biblioteca farase o intercambio de mangas 



O mércores ruinímonos no Club de Narrativa . Dúas lecturas propostas 

  

El sueño de Berlín de Ana Alonso



Ana é unha adolescente que sofre un trastorno obsesivo compulsivo. ... O xoven quere por en marcha unha viaxe de fin de curso a Berlín, donde se encuentra o Busto de Nefertiti, muller del faraón Akhenatón, para cumplir uno de los soños de Ana.






O misterio de Portomarín de Antía Yáñez