lunes, 25 de octubre de 2010

CLUB DE LECTURA

AREAQUENTE DE AN ALFAYA

A primeira das lecturas que imos ler é unha novela de An Alfaya  titulada Areaquente. A obra gañadora do premio Lueiro Rey de novela curta(2009), e gañadora do premio San Clemente, na modalidade de lingua galega,(2010), é a obra que temos de lectura para este primeiro trimestre.

Nos próximos días os faremos chegar os libros .
Recordade que a posta en común da obra, terémola o 9 de decembro, xoves en horario de tarde.
Para coñocer a autora e a súa traxectoria, cliqueade sobre a imaxe.





4 comentarios:

  1. Un bo libro, misterio, suspense, emoción ate o final. Os dous primeiros capítulos.boa descripción de persoaxes.
    Gustoume

    ResponderEliminar
  2. A ver se imos amimando un pouquiño este blog.

    ResponderEliminar
  3. Durante moitas páxinas, vaguei errante como o fotógrafo, sen entender nada e cruzándome con personaxes-zombis que nada me dicían .Enredeime en parágrafos que válgame dios - como o 2º da páxina 39 onde a autora para dicir que AS PALABRAS DA MULLER ALIMENTARON O INTERESE DE CRISTOVO DO VAL empregou máis subordinadas que a xefa de persoal dunha fábrica de conservas-, pero sobrevivín e arredor da páxina 90- son moitas páxinas- empecei a entender e gozar da lectura.
    Algunha culpa tamén tería eu, seguro.

    ResponderEliminar
  4. A min pasoume o mesmo, ao principio, logo máis ou menos sobre a "páxina 90", empezoume a gustar. Creo que para os do primeiro ciclo da ESO é un pouco espeso,habería que pensar para eles noutra lectura.

    De todos modos o libro gustoume

    ResponderEliminar