miércoles, 4 de mayo de 2011

LECTURAS 3º TRIMESTRE

1º,2º,3ºESO

EL HOMBRE QUE PLANTABA ÁRBOLES

JEAN GIONO

O LIBRO TEN QUE ESTAR LIDO  ANTES DA REUNIÓN DO DÍA  8 DE XUÑO MÉRCORES

eSE DÍA REUNIRÉMONOS PARA VER A PROXECCIÓN HOME QUE PLANTABA ÁRBOLES

O XOVES. POLA TARDE DE !6:30 - 18:30 ESTÁ PROGRAMADA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA A SELVA ESMERALDA E UN DEBATE POSTERIOR , ABERTA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.


4ºESO,1ºBAC,2ºBAC E PROFESORADO

RU DE KIM THÚY

a REUNIÓN XA A PROGAMAREMOS PARA O MES DE XUÑO ANTES DAS AVALIACIÓNS, NUN RECREO


jueves, 14 de abril de 2011

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O venres 30 de Marzo na hora do recreo reunímonos o Club de lectura dos máis pequenos xunto co algunhas das profes para comentar a lectura deste segundo trimestre TEMPUS FUGIT,
A idea xeral dos alumnos e alumnas foi que a obra gustoulles, e a súa lectura foi amena. Para algúns deles era o primeiro libro que estaban a ler de Javier Ruescas, para eles foi un descubrimento este autor, e penso que desde este momento formará parte da lista dos seus escritores preferidos.

                                                    


















Mércores 13 de abril reunímonos o Club de lectura de adultos para comentar a nosa lectura de Enderezo descoñecido.

 Deixivos unhas imaxes da reunión

                     

lunes, 21 de marzo de 2011

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O vindeiro mércores 30 de marzo na hora do recreo e na aula 002 imos reunirnos para comentar a lectura de TEMPUS FUGIT.Estades convocados o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.


O vindeiro venres 1 de abril no recreo e na aula 002 imos reunirnos o CLUB DE LECTURA DE ADULTOS para comentar ENDEREZO DESCOÑECIDO.


ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN NAS XUNTANZAS

domingo, 30 de enero de 2011

CLUB DE LECTURA: LIBROS 2º TRIMESTRE

Estas son as lecturas programadas dende o club de lectura para o 2º trimestre.

Para os alumnos/as 1º, 2º e 3º da ESO


O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.

Javier Ruescas blog



Javier Ruescas. Tempus Fugit


Javier Ruescas. Biografia
 
 
 
 
 
Para 4º da ESO , 2º Bac e adultos a novela Enderezo descoñecido
 
 
 
 
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
 
 
NOS PRÓXIMOS DÍAS FARÉMOVOS CHEGAR OS LIBROS

jueves, 13 de enero de 2011

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

Hoxe pola tarde tivemos a primeira reunión do CLUB DE LECTURA. Dúas eran as obras que tiñamos para comentar: Corredores de Sombra de Agustín Fernández Paz e Areaquente de An Alfaya.

Non estabamos todos os membros do clube, pero de todos modos comentamos as nosas lecturas e dimos as nosas impresións.

Aquí vos deixo unha foto da reunión.


Os que nos estabades presentes podedes deixar os comentarios da lecturas neste blog do club de lectura virtual. Nos próximos días, os faremos chegar as lecturas do segundo trimestre.