domingo, 30 de enero de 2011

CLUB DE LECTURA: LIBROS 2º TRIMESTRE

Estas son as lecturas programadas dende o club de lectura para o 2º trimestre.

Para os alumnos/as 1º, 2º e 3º da ESO


O mundo tal e como o coñecíamos non existe, está inundado, asolado por unha extraña Plaga e controlado por unha empresa chamada Tempus fugit.Neste mundo vive Hanna, intentando desmantelar a esta empresa, a que odia polo que fixo a súa nai, para o que contará coa axuda dun persoaxe procedente do pasado, Pablo, e de moitas máis persoas das que non se esperaba nada.

Javier Ruescas blog



Javier Ruescas. Tempus Fugit


Javier Ruescas. Biografia
 
 
 
 
 
Para 4º da ESO , 2º Bac e adultos a novela Enderezo descoñecido
 
 
 
 
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.
 
 
NOS PRÓXIMOS DÍAS FARÉMOVOS CHEGAR OS LIBROS

No hay comentarios:

Publicar un comentario