miércoles, 1 de diciembre de 2010

BOA RESEÑA SOBRE CORREDORES DE SOMBRA.

Neste enlace podedes ler unha boa reseña sobre CORREDORES DE SOMBRA,de Agustín Fernández Paz.
Penso que o libro vaivos gustar,é misterioso, ten suspense, como vós decides "engancha" dende a primeira ata a última páxina.Cando rematedes deixade as vosas impresións no blog, na entrada do libro.
Mentras tanto entrade neste enlace.    
        
                                 CORREDORES DE SOMBRA


En próximos eventos tedes o día e a hora de reunión do club de lectura.




viernes, 26 de noviembre de 2010

CORREDORES DE SOMBRA

CORREdores de sombra de Agustín Fernández Paz, é o libro que o alumnado do 1º ciclo da ESO,ten como lectura para o primeiro trimestre.


O alumnado do 1º ciclo ten que baixar pola biblioteca devolver o libro de Areaquente, e levar  CORREDORES DE SOMBRA



AGUSTÍN FERNÁNDEZ  PAZ

PREME NO ENLACE PARA SABER MÁIS SOBRE O AUTOR

lunes, 25 de octubre de 2010

CLUB DE LECTURA

AREAQUENTE DE AN ALFAYA

A primeira das lecturas que imos ler é unha novela de An Alfaya  titulada Areaquente. A obra gañadora do premio Lueiro Rey de novela curta(2009), e gañadora do premio San Clemente, na modalidade de lingua galega,(2010), é a obra que temos de lectura para este primeiro trimestre.

Nos próximos días os faremos chegar os libros .
Recordade que a posta en común da obra, terémola o 9 de decembro, xoves en horario de tarde.
Para coñocer a autora e a súa traxectoria, cliqueade sobre a imaxe.





martes, 19 de octubre de 2010

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA O CASTRO.   

MAÑÁ, mércores 20 de outubro, celébrase a primeira reunión do CLUB DE LECTURA
.
Estades convocados todos/as os inscritos no club. O lugar de reunión e a aula 002 (ao lado da cafetería )
A hora ,no recreo. Esta reunión a utilizaremos para nos coñecer, e perfilar algúns detelles.

Vémonos  Mañá!!!!11

DÍA        : MÉRCORES 20

LUGAR : AULA 002

HORA   : 11:30

lunes, 4 de octubre de 2010

CLUB DE LECTURA

Está aberto o prazo de inscripción para todos/as aqueles que queirades  formar parte do Club de Lecturas do Castro.
O prazo de inscripción remata o día 15 de Outubro.
Se queredes apuntarvos , facédeo na biblioteca. Anotade o voso nome, curso, e se tedes, tamén o voso mail.

Animade aos vosos compañeiros/as e aos vosos pais e nais.

A primeira reunión do CLUB será o vindeiro 20 de Outubro no recreo,  na aula 002.


ESPERAMOVOS A TODOS/AS

Se tedes algunha dúbida , preguntade aos profesores da biblioteca.

miércoles, 23 de junio de 2010

Verán do Club de Lectura


Rematou outro ano escolar máis, e por tanto o do club de lectura; aínda así poderemos estar conenctados a través deste blog. Queremos dárvolas grazas por participaren e axudarnos a levar a bo porto este proxecto.
Para o ano que ven, esperamos contar coa vosa ilusión e participación, de novo. Así mesmo, tentaremos mantervos informados á volta de vacacións.

Un saúdo e bo verán

jueves, 3 de junio de 2010

O Club de lectura visita Santiago


Hoxe os membros do club de lectura fixemos unha excursión a Santiago. O día comenzou na estación de tren de Vigo tras un pequeno madrugón, Seis intrépidos lectores e máis dúas profesoras rumbo a Santiago. Foi un día especial, visitamos un Santiago descoñecido para todos nós, unha cidade escondida entre parques e xardíns, parque de Belvis, parque de San Domingos de Bonaval, parque de Vista Alegre, parque de Galeras.Comimos no parque do Campus universitario Sur. Despois visitamos a cidade histórica, as Rúa do Vilar e a Rúa Nova , a Quintana e a Catedral. Xa chegada a tardiña voltamos a nosa casa. Rendidos pero contentos.l
Posted by Picasa