Nesta ocasión a lectura que compartimos foi Todo chega desde o mar do vigués Santiago Ferragud.
A visita do autor fixo moi interesante esta xuntanza, Literatura , poesía e música uníronse para despedir este club de lectura ata o próximo curso.
En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.
Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeneración e por vivencias, moi pronto lles unirá a paixón pola historia da cidade.
Santiago Ferragud
Santiago Alonso Ferragud, coñecido como Santiago Ferragud, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1949, é un músico e escritor galego.
Estudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.
En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.
En 2011 fundou Xardín desordenado na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.
Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela: na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario