O pasado mércores tivemos a reunión do terceiro trimestre do club de lectura de narrativa. Puxemos en común a tres lecturas realizadas e repartimos agasallos aos participantes do club.
sábado, 27 de mayo de 2023
CLUB MANGA
O pasado luns tivemos a reunión do club de lectura manga . Os rapaces puxeron en común as lecturas que ao longo trimestre fixeron . Con esta reunión damos por rematado o club manga deste curso.
lunes, 15 de mayo de 2023
CLUB DE LECTURA ADULTOS 3
Nesta ocasión a lectura que compartimos foi Todo chega desde o mar do vigués Santiago Ferragud.
A visita do autor fixo moi interesante esta xuntanza, Literatura , poesía e música uníronse para despedir este club de lectura ata o próximo curso.
En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.
Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeneración e por vivencias, moi pronto lles unirá a paixón pola historia da cidade.
Santiago Ferragud
Santiago Alonso Ferragud, coñecido como Santiago Ferragud, nado en Vigo o 23 de xaneiro de 1949, é un músico e escritor galego.
Estudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.
En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.
En 2011 fundou Xardín desordenado na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.
Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela: na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.

lunes, 13 de marzo de 2023
CLUB DE LECTURA ADULTOS 2
protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma