O luns e o mércores desta semana tivemos a xutanza dos clubs de lectura .
O luns a reunión e o xantar no centro foi do Club de Lectura de Narrativa . O libro posto en común foi Un saco de canicas de Joseph Joffo.
A próxima lectura será o Can dos Basquerville de Arthur Conan Doyle e os máis maiores levan tamén Dez negritos de Agatha Christie.
A próxima xuntanza no mes de xuño.
O mércores a reunión foi do Club Manga puxéronse en común os distintos mangas lidos polo alumnos e escolléronse as novas lecturas.
Todos os luns e os mércores nos recreos esperamos a vosa visita na biblio para coller novos mangas
No hay comentarios:
Publicar un comentario