A primeira das lecturas que imos ler é unha novela de An Alfaya titulada Areaquente. A obra gañadora do premio Lueiro Rey de novela curta(2009), e gañadora do premio San Clemente, na modalidade de lingua galega,(2010), é a obra que temos de lectura para este primeiro trimestre.
Nos próximos días os faremos chegar os libros .
Recordade que a posta en común da obra, terémola o 9 de decembro, xoves en horario de tarde.
Para coñocer a autora e a súa traxectoria, cliqueade sobre a imaxe.
Un bo libro, misterio, suspense, emoción ate o final. Os dous primeiros capítulos.boa descripción de persoaxes.
ResponderEliminarGustoume
A ver se imos amimando un pouquiño este blog.
ResponderEliminarDurante moitas páxinas, vaguei errante como o fotógrafo, sen entender nada e cruzándome con personaxes-zombis que nada me dicían .Enredeime en parágrafos que válgame dios - como o 2º da páxina 39 onde a autora para dicir que AS PALABRAS DA MULLER ALIMENTARON O INTERESE DE CRISTOVO DO VAL empregou máis subordinadas que a xefa de persoal dunha fábrica de conservas-, pero sobrevivín e arredor da páxina 90- son moitas páxinas- empecei a entender e gozar da lectura.
ResponderEliminarAlgunha culpa tamén tería eu, seguro.
A min pasoume o mesmo, ao principio, logo máis ou menos sobre a "páxina 90", empezoume a gustar. Creo que para os do primeiro ciclo da ESO é un pouco espeso,habería que pensar para eles noutra lectura.
ResponderEliminarDe todos modos o libro gustoume